Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de diciembre de 2012

VIOLENCIA CONTRA A MULLER NO GROVE E CAMBADOS




A Garda Civil do posto de Cambados detivo a un veciño de Pontevedra como suposto autor dun delito de violencia de xénero tras ser denunciado polo seu ex noiva.

Segundo informou a Garda Civil, o detido, L.D.D., ten 49 anos e é veciño de Pontevedra. Foi detido por axentes do posto de Cambados do día de Nadal. 

A detención produciuse a raíz da denuncia presentada pola súa ex noiva, que asegurou no cuartel da Garda Civil que a súa ex parella agrediulle na rúa.


No Grove tamen foi detido un home por agredir a sua parella pouco despois da cea de Noiteboa. O home quixo botar fora da casa a sua parella propinando empurróns e golpes. A muller foise a o Cuartel grovense e puxo os feitos en coñecemento da Benemérita que pouco despois detiña a o "persoaxe", por chamalo dalgunha maneira.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.