Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de octubre de 2012

CONCURSO PARA SUMILLERES AFECCIOADOS

 A Ruta anima a tódolos afeccionados ó viño a concursar nunha cata amateur con motivo do Día Europeo do Enoturismo.
fotoenotursmocopia.jpg

 O gañador recibirá un diploma.Unha mesa e cinco viños para catar. Primeiro a cata será cega, despois de coller as primeiras notas destaparanse as botellas e unha vez vistas as marcas dos viños volverán a taparse para intentar, catándoos de novo, identificar cada viño coa súa marca. Deste xeito os participantes deste concurso, non profesionais iso si, porán a proba as súas dotes como sumiller.
Agárdanse uns douscentos asistentes, aínda que a capacidade é para unhas catrocentas persoas.
A cita será o domingo día 11 de novembro no Salón Peña de Cambados, ás 12 da mañá. Con esta cata, a Ruta do Viño Rías Baixas quere conmemorar o Día Europeo do Enoturismo.
A convocatoria farase a través das redes sociais e está invitado a participar de balde todo aquel que o desexe.
Os viños que se catarán serán doados polas adegas que queiran estar presentes no evento.
Trátase da primeira edición do concurso pero a intención é que se consolide como cita anual.
O único requisito para participar é a inscrición previa, o prazo está aberto ata o día 9 ás dúas tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.