Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
1 de agosto de 2012
RASTRILLO A BENEFICIO DE ESPERANZA SALNES
Próximamente a Asociación de Amas de Casa Albatiño de Cambados organizará un rastrillo benéfico en favor da Asociación Esperanza Salnés.
Para elo demandan a colaboración de tod@s co fin de obter todo aquello que non nos sexa útil e que poida ser ofrecido nese rastrillo.
Todos os lús e martes dos meses de xullo e agosto recollerán todas as cousas que se lles ofrezan en horario de mañán de 11.00H a 13.30H e pola tarde de 20.00H a 21.30H.. O Lugar de recollida é a sua sede na rúa Os Pazos nº 10, no mesmo edificio onde se sitúa Esperanza Salnés.
As cousas que se poden levar: labores, manualidades, discos, libros, abanos, licores, xabóns, cestería, bandexas, bisutería etc etc. Tamén o mesmo dia do rastrillo pódense levar productos comestibles coma biscoitos, galletas, marmeladas...tamen prantas naturais.
A data concreta aínda non a sabemos pero pronto confirmaremos dia e lugar de celebración do rastrillo.
Máis información nos teléfonos:678 635 045 ISABEL
610 612 658 TERESA
Como ven sabedes cada pouco tempo Esperanza Salnés demanda a axuda de todos para seguir facendo frente a os gastos que xenera e cos poucos ingresos que ten. Esta é outra boa ocasión para axudalos e que eles sigan axudando a eses rapaces que tanto o necesitan.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.