Os galegos pagamos 28 millóns de euros para pagarlle durante o mandato de Núñez Feijóo a os asesores nomeados a dedo polo Governo do Partido Popular. Así se desprende dos Orzamentos da Consellería de Facenda de 2012, o Governo Autonómico destina 5,3 millóns de euros para “soldos do persoal eventual”, máis 1,7 máis en cotizacións a Seguridade Social.
Asuma e sinxela 5,3 máis 1,7 danos 7 millóns no ano 2012, multiplicado por 4 anos o total é de 28 millóns de euros para persoal que non foi elixido e nin ten que pasar por ningún proceso de selección coma un funcionario.
O departamento do Presidente da Xunta lévase a mayor partida con 2,3 millóns e o resto, 4,7 millóns, para as Consellerías sen contar a Administración Paralela para manter ao seu persoal de confianza. Nestas partidas non se inclúen Conselleiros, Directores ou Secretarios Xerais que aparecen aparte.
Este é o discurso de austeridade que promulga un Governo que pretende rebaixar de 75 a 61 o número de deputados elixidos polo povo para recortar 1,2 millóns.
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Jesús Váquez) supera a anterior, tras a unificación, con un total de 923.724 euros, 443.177 € en Cultura e 480.557 € en Educación.
A Consellería de Agustín Hernández, Medio Ambiente e Ordenación do Territorio gasta 478.775 euros pero hai que sumarlle 636.771 euros de Seguridade Social.
Da unión de Medio Rural e Mar que dirixe Rosa Quintana saen uns gastos de 832.165 euros.
Aínda que non veñá detallada a cantidade de asesores nos Orzamentos contratados pola Xunta i estimando un gasto por cada un máis Seguridade Social de 50.000 euros de media sae un total de 140 postos e sin contar cos asesores estrelacon posto de alta responsabilidade.
Segundo estes datos o departamento de Núñez Feijóo dispón de 46 asesores, Presidencia contaría con 18, Educación con19 e Mar e Medio Rural con outros 14. Sígenlle por número de asesores Medio Ambiente con 13 Traballo con 11; e Facenda i Economía e Industria 7; e Sanidade 6 pechan a lista.
Polo tanto o Presidente da Xunta ten nas suas mans a posibilidade de recortar dentro do seu Governo antes de recortar en Deputados elixidos por todos nos co agravante de facelo sin consenso e a poucos meses das eleccións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.