Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de agosto de 2012

OUTRA VEZ MOITAS GRAZAS





Fai uns dias facíamos a nosa 400 entrada no blog CAMBADOS Xusto. Con motivo de tal acontecemento vimos de dar uns pequenos cambios para tentar facelo máis atractivo.




O primeiro cambio e o nome. Agora o blog chámase “Cores de Cambados”, máis acorde co creador do blog e cecáis máis atractivo. Tamén fixemos un pequeño troco no deseño. Posto que nos gusta algo sinxelo sen moitos adornos mudar o diseño de vez en cando pensamos que serve para atraer máis lectores. Dende ese troco aumentou a media de visitas a “CORES DE CAMBADOS”. Queremos pensar que ese é o motivo aínda sen descartar outras posibilidades.


Cores de Cambados


Nos últimos dias a media de visitas sitúase entorno a 100 pouco si o comparamos con outros blogs pero unha subida importante comparando co as visitas que tiñamos antes destes trocos. Por eso os que facemos o blog queremos agradecer o voso apoio en forma de visitas e de información que nos facedes chegar. Sempre que teñades algo que dicir estamos aquí para facelo público.


Balboas de Fefiñáns






Dentro de pouco chegaremos as 500 entradas, algo impensable aló polo mes de xaneiro cando fixemos a primeira. Tendo en conta que os domingos e festivos case nunca publicamos e descontando o primeiro mes, saen a tres entradas por día e oitenta visitas. Confiamos en seguir tendo o voso apoio que é o que nos da a forza para tentar superarnos e mellorar.








      MOITAS GRAZAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.