Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de agosto de 2012

CONTRA UN NOVO "PRESTIGE" NA COSTA DA MORTE

       

           Recollemos unha peticion de Change.org que vos podría interesar.




A Costa da Morte coruñesa está en perigo. Avecíñase un novo 'Prestige' en forma dun irracional plan de minaría a ceo aberto autorizado pola Xunta que pode condenar primeiro a esta bisbarra e logo ó resto de Galicia, a padecementos ambientais e sociais inéditos ata o de agora.

Aproveitando a actual crise económica, e baixo o paraugas dunha promesa laboral incerta, corporacións multinacionais como a canadense Edgewater teñen en mente levar a cabo proxectos como o da mina de ouro de Corcoesto, no Concello de Cabana de Bergantiños. Favorecido directamente por José Muiño (PP), alcalde de Cabana, este proxecto empregará, entre outros produtos de elevada toxicidade, toneladas de cianuro para separar o ouro da rocha.

Esta substancia química ten efectos prexudiciais mesmo a doses baixas, podendo afectar ó aparato respiratorio e ós sistemas cardiovascular, gastrointestinal, neurolóxico, ocular e dérmico, dado que en contacto coa pel pode absorberse. A inhalación de concentracións de 401 a 601 mg/m³ resulta mortal para o ser humano. Os efectos sobre a saúde poden durar meses ou anos, e van dende o risco de padecer cancro aos problemas reprodutivos, hipertiroidismo, ou danos permanentes no sistema nervioso.

A minaría a ceo aberto presenta, ademais, unha interminable lista de impactos ambientais:

-Alterando o entorno, modificando a morfoloxía do terreo e deixando ó descuberto grandes cantidades de material estéril, potencialmente perigoso para a saúde. Adoitan alterarse cursos de auga e nos chamados diques de cola, fórmanse grandes lagoas de material altamente tóxico..

-Contaminando o aire con po residual e outros elementos nocivos provenientes das distintas fases do proceso, que poden penetrar ata os pulmóns provocando afeccións respiratorias agudas e crónicas.

-Contaminando a auga. Lagoas de tratamento mal deseñadas ou cun mantemento inadecuado poden contaminar os cursos de auga superficial. Filtracións de augas contaminadas cos reactivos e outras substancias químicas usadas no proceso poden chegar ás augas subterráneas, que habitualmente son fonte de abastecemento de auga potable.

-Contaminando o chan. Eliminando o chan na área de explotación, provocando un proceso de erosión continuado na área periférica. Verteduras accidentais de refugallos ou substancias químicas poden afectar a grandes zonas estremeiras de xeito permanente converténdoas en terreo estéril, e o rendemento agrícola de toda unha bisbarra pode verse alterado.

Queremos un futuro para Cabana de Bergantiños, a Costa dá Morte e Galicia, pero non este. Non nun concello cuio progreso está na conservación e difusión da súa exuberante riqueza natural.

FIRMA E DIFUNDE ESTA PETICIÓN PARA AXUDARNOS A PARAR ESTE DESASTRE ANTES DE QUE SUCEDA. XUNTOS PODEMOS.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.