Falábamos hai uns dias dun enfermo en fase terminal i esta fin de semán poidemos constatar un agravamento no seu estado por non decir defunción.
A Festa Europea do Viño un ano máis pasa sen gloria e dando pena.
O Concello debería pensar en non celebrala o vindeiro ano pois non ten razón de ser. Pasamos de máis de vintecinco casetas se varias Denominacións de Orixe de todo o mundo, nos primeiros anos, a catro nesta edición do 2012. Pouco público, as casetas estratéxicamente mal situadas, e absorbidas pola Feira de Artesanía, que sin ser gran cousa foille comendo terreo. As vendas da Feira foron escasas,segundo varios artesáns, pero a xente paseaba e miraba o que alí había exposto. Sen embargo pasaras a hora que pasaras os stands adicados ao viño estaban vacíos ou case.
Onte domingo as sete e media da tarde o stand dos Rias Baixas xa estaba pechado e os outros do viño non tiñan nadie. Si durante a Festa Do Albariño o clima axudou a que nas tardes tamén hubera boa afluencia de público, esta fin de semana, e con un tempo parecido, a afluencia foi moi, moi escasa.
O dito ou intentan darlle un novo pulo a esta festa, algo verdadeiramente complicado, ou será mellor que lle adiquen o próximo enterro da sardiña a soterrar a Festa do Viño Europeo
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.