A Consellería destinará 1 millón de euros a vixilancia e xestión dos bancos marisqueiros.
Medio Rural e Mar destinará máis dun millón de euros á vixilancia e xestión dos bancos marisqueiros da Ría de Arousa. As í confirmou o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, que esta tarde asinou varios convenios de colaboración con 11 confrarías da Ría de Arousa.
Dentro dos convenios asinados hai 2 tipos de acordos. Un deles ten por obxecto o control de acceso ás zonas de pesca. Para iso contémplase a realización de actividades de conservación, protección e sustentabilidade dos recursos mariños mediante operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies. O segundo dos acordos vai encamiñado a mellorar a xestión das zonas de produción.
Por outra banda, Juan Maneiro quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade ás confrarías en canto ó problema do furtivismo. Di que están a traballar para que sexa considerado un delito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.