Si hai uns dias publicamos as queixas do “REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS” sobre a canceira que a Deputación ten prevista abrir en Meis agora facémos eco da preocupación existente na canceira de Vilagarcía situada en Pinar do Rei.
Nestes intres a capacidade das instalaciós é de setenta animais pero acolle nin máis nin menos que 210. Cada mañán a o chegares alí os seus responsables atópanse con cans de raza mediana ou pequena mortos. A saturación fai que os animais se maten entre sí.
A directiva esta a espera de que as obras para a nova canceira estean rematadas antes do próximo verán. Polo de agora tan só está feita a explanación do terreo e nos vindeiros dias procederase a o inicio do resto da obra segundo prometeu a empresa encargada da sua construcción.A obra consta de duas naves, unha de oficinas de 407 m2 con enfermería, almacéns, aseos etc. e na outra irán as dependencias para os animais, 84 habitáculos cerrados e cubertos.
A canceira de Vilagarcía acolle animais da propia cidade ademáis dos de outros municipios de arredor(Caldas, Valga e ata de Padrón)
Grazas as diferentes campañas de captación de socios pasaron de uns 180 a case 300 aínda que dende a directiva cifra no medio millar o número óptimo para poder atender medianamente ben a todos os animais que alí chegan.
O próximo sabado e domingo (1 e 2 de setembro) coma sempre na praza da Peixería farán a mercadillo para recadar fondos para os seus "peludos"dende as 10:00 h ata 21:00h.
Quen queira aportar algo para vender no mercadillo pode deixalo ali ou levalo a Protectora.
!!Agárdante!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.