Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de agosto de 2012

CAMBADOS PROTAGONISTA NUNHA REVISTA XAPONESA







A revista Noticias de España editada pola Cámara de Comercio Hispano Japonesa e que ten unha tirada de 20.000 exemplares e distribúese por Xapón e países europeos ven de publicar unha reportaxe sobre Cambados.

A portada da revista e unha vista aerea de Cambados e na reportaxe principal fálase das suas excelencias baixo o título “Cambados Villa del Albariño”.

Na reportaxe de 5 páxinas con 16 fotos en cor refléxase a riqueza do patrimonio monumental da vila. Destaca unha imaxe do Palacio de Fefiñáns iluminado, as Ruinas de Santa Mariña, o pazo de Ulloa e unha vista xeral.Resalta a publicación a importancia dos sectores pesqueiro e a viticultura coma eixos importantes da econmía cambadesa. Inclúe referencias a o turismo, gastronomía e o comercio. Como non, tamén sitúa nun lugar destacado a celebración da Festa do Albariño “que axuda a impulsar o cultivo e a exportación do viño a os principais mercados do mundo”.

No apartado adicado a o Conxunto Histórico destaca “a sua excelente restauración con materiais nobres”
A reportaxe inclúe tamén unha entrevista co Alcalde de Cambados Luis Aragunde que destaca o patrimonio cambadés: “pazos, casas nobres, esculturas e pezas de arte popular, prazas e rúas empedradas, un pracer para quen ama o arte” di.

A publicación empezou a editarse no 1985, con carácter trimestral e adica en cada número a dar información de interese sobre España a o público nipón, un mercado destacado para o turismo. A revista distribúese en diferentes organismos xaponeses i en España onde hai público xaponés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.