En total terá que pagar preto de cen mil euros de multa e 3.780 euros como sanción para evitar a cadea.
O fiscal Augusto Santaló considera que no ano 2005, Roberto Vázquea cometeu unha serie de irregularidades como administrador da sociedade Pazos Souto 2000, unha empresa dedicada á promoción de vivendas, construcións, reparación e conservación. Segundo reza o escrito do Ministerio Público, nese ano a sociedade presentou unha declaracións fiscal que non obedecía ás operacións económicas reais da mesma. Afirma Santaló que se incrementaron gastos inxustificadamente e declaráronse outros que supostamente foran realizados a cargo de empresas que en realidade non existían. Por estes delitos solicitábanse catro anos de prisión, catro de inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo, e multas que superaban en total os tres centos mil euros. O feito de que o rexedor de Portas recoñecera os feitos permitiu a aplicación da atenuante de reparación do dano causado, co que se reduciron as penas.
En total terá que pagar preto de cen mil euros de multa e as condenas de prisión redúcense a nove meses, aínda que neste caso, a xuíza concedeu a petición da súa avogada de conmutar esta pena de prisión por unha multa de 3.780 euros.
A imputación por estas irregularidades causou un enorme revoo tanto a nivel municipal como no partido ó que pertence Vázquez, o Popular. A polémica levouno a darse de baixa no PP xunto ós concelleiros populares do seu grupo de goberno. Segundo explicou o fiscal, a condena imposta non afectará á súa condición de alcalde.
moito nos tememos que a cousa sería ben diferente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.