Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de julio de 2012

UN XULGADO DE CAMBADOS DICTA A PRIMEIRA SENTENZA CONTRA AS PREFERENTES








A primeira sentenza contra as participacións preferentes non se fixo agardar e foi dictada estes dias por un Xulgado de Cambados, concretamente o    número 1.
Na sentenza estímase integramente a demanda interposta por un veciño afectado (J.I.C.M.) de Meaño, contra NovaGalicia Banco. A sentenza declara nulo o contrato de compra de valores feito no ano 2008 entre o denunciante e NovaGalicia Banco (Caixanova por aquel entonces).




A sentenza dicta que a entidade galega deberá abonar, de forma inmediata, a cantidade de 7560€ máis intereses ao denunciante. Ademáis, indícase que quedou probado que o demandante “non foi informado debidamente das características de risco alto e posible iliquidez que presentaba o producto en cuestión”. Incluso, recolle a sentenza, o director da entidade manifestoulle ao cliente que “podería sacar os seus aforros en calquera momento sen problema algún”.




A nova alégranos dobremente, primeiro por ser o primeiro paso cara unha solución positiva do chamado “caso das preferentes”, mellor do que en principio parecía, e segundo por ser Cambados portada dos noticieiros en chave positiva e non negativa coma moitas outras veces.


A pesares do positivo da sentenza o colectivo de afectados pola compra de participacións preferentes de NovaGalicia insisten na necesidade dunha solución conxunta. “O noso criterio é que ten que haber unha solución colectiva”










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.