“Temos un IVE que se paga pouco en comparación o que se paga noutros países” recalcou e avanzou que “estamos nun tránsito hacia unha fiscalidade menor para o traballo e maior no ámbito indirecto”.
Nun curso de verán da Universidade Complutense “Emprendedores autónomos: creadores de emprego”. Montoro recalcou que as conclusións do último Consello Europeo son “bastante explícitas” ao respeto. Tamén se refireu a desgravación por compra de vivenda habitual.
Agora temos que agardar que se pronuncien os compañeiros de partido de Montoro, todos aqueles que proclamaban en tempos do Governo de Zapatero que subir o IVE era pouco menos que un "atentado aos traballadores e pensionistas". As hemerotecas, fonotecas e videotecas están para ver i escoitar. Dende o propio Rajoy “ a suba do IVE vai contra das clases traballadoras”, Esperanza Aguirre que ia rebelarse contra unha eventual suba de impostos “incluso pola forza” o a vicepresidenta Soraya Sáez de Santamaría “ a suba do IVE e perxudicial para o país".
Agora so queda saber canto sube, porque como ben sabedes, eso queda para outro dia. O PP pensa nos españois e da as malas novas pouca pouco para que non doa tanto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.