Esta fin de semana a vieira volverá a ser a raíña da gastronomía na Arousa. Desde o venres e ata o domingo celebrarase a décimo primeira edición da Festa da Vieira ca que se
exaltará este producto do noso mar; este ano ca garantía de que non só
procede de Cambados, senón que tamén se trata na empresa local “Porto de
Cambados” Amais desta novidade, de que a empresa provedora sexa
cambadesa, nesta edición non haberá moitas máis novidades salientables.
Sobre a mesa poderemos encontrar a vieira ós estilos tradicionais e
outras, tamén ben saborosas, xa máis creativas.
Este
ano, amais de no Paseo da Calzada poderemos saborear este marisco
noutros locais hostaleiros do Concello, sen que por iso varíe o seu
prezo. O domingo celebrarase o concurso gastronómico da vieira, que este
ano contará cun xurado de renome no mundo dos fogóns.
Será
un día despois do tradicional Xantar da Vieira, no Parador de Turismo
de Cambados, no que se repartirán a vieira de ouro e dúas placas; para a
Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, a primeira, e
cadansúa placa para a presidenta do colectivo das mariscadoras de a pé
de Cambados, Isabel Pérez; e para o capitán da Garda Civil, José Manuel
Rancaño.
As duas primeiras na nosa opinión parecen máis de enchufe e agradecementos persoais que outra cousa.
Nesta
edición, a festa da Vieira coincidirá ca festa do Carme local co que a
organización agarda chegar a repartir unhas oito mil vieiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.