Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de julio de 2012

O RECIBO DA AUGA PODE SUBIR UN 282% EN CAMBADOS





O PSdeG acusou este luns o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de ser o "único responsable" de que a auga vaia custar en Galicia un 120 por cento máis que en Andalucía, e denunciou que o aumento do custo será do 282 por cento en 22 municipios galego.

En rolda de prensa, os socialistas replicaron deste modo ao conselleiro de Medio, Agustín Hernández, que xustificou o canon polas "imposicións da Unión Europea".

A deputada socialista Carmen Gallego e o secretario de Medio da Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE, Nicolás González, denunciaron nunha comparecencia en Pontevedra que "os galegos van pagar a auga de media un 120% máis cara que os andaluces".

Ademais, os deputados socialistas alertaron de que o aumento do custo da auga será do 282 por cento en 22 municipios da Comunidade galega.

Na provincia de Pontevedra son once os municipios afectados --Moraña, Baiona, Soutomaior, Nigrán, Vilaboa, Gondomar, Tomiño, Tui, Illa de Arousa, Cambados e a capital Pontevedra--, que aplicarán, segundo sinala o PSdeG, aos seus cidadáns unha suba do 282 por cento no próximo recibo debido a que van pagar o canon da auga e o coeficiente de vertedura.

COEFICIENTE DE VERTEDURA

Ademais do citado canon de auga, aplícase o chamado coeficiente de vertedura, posto que estes municipios teñen a súa depuradora xestionada pola Xunta de Galicia.

O novo canon da auga que entrou en vigor este mes, ten para os socialistas unha finalidade "recaudatoria", porque obrigará a pagar as comunidades veciñais polas traídas privadas sen recibir ningún servizo a cambio. "E chega nun momento de recesión co desemprego crecendo en Galicia por enriba do Estado", dixo Carmen Gallego.

O PSdeG presentará mocións contra este canon en todos as institucións nas que teñan representación, "ademais seguiremos traballando para desmontar todas as mentiras do Partido Popular", concluíu Carmen Gallego.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.