O vindeiro mes de xaneiro do 2013 ampliaranse os festivos que poden abrir os comercios. Dos oito existentes en Galicia pasaranse ós 10,que son os mínimos que impón ó Goberno Central para
ampliar a liberalización os horarios do comercios; podendo chegar
noutras comunidades ata un máximo de 16 días.
Os
comerciantes do Salnés aseguran que non será positiva esta medida xa
que abondaba cos festivos que había arestora. É mais, o Presidente da
Federación de Comercio do Salnés asegura que mesmo para as áreas
comerciais non é rendible abrir os domingos posto que a xente só vai alí
a pasar o tempo. En canto ó horario comercial nos días laborables
ampliase das 12 horas diarias e 72 semanais,de luns a sábados, ás 15
horas diarias que suman unhas noventa semanais.
Desde
a Federación de Comercio do Salnés entenden que o horario actual é o
suficientemente amplo para facilitar as compras, pero conviría adaptalo
ós hábitos de consumo en cada estación. E respecto ó comezo das rebaixas
nas Rías Baixas os primeiros días están a ser ben frouxiños; posto que
de novo neste verán, moitos comercios volveron a poñer rebaixas
encubertas e anticipadas, co que desvirtuaron de novo as propias
rebaixas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.