De novo un día máis, a finca de Pinal da Maza volve a estar no punto de mira do BNG de Cambados, e dos veciños que ven como cada dia que pasa o Alcalde e cía. rinse máis e máis dos cambadeses. Tras levar desde o mes de marzo pedindo explicacións sobre a conversión
deste monte en finca de albariño. Estas aclaracións aínda non chegaron e
ás que lle deron, aseguran que son incertas.
O
Voceiro do BNG cambadés, Victor Caamaño pon o énfase en que aínda o
Concello está intentando legalizar esta obra, seis meses despois de que
comezarán as actuacións de movemento de terra. Caamaño reitera que esta
actuación está fóra da legalidade e que tanto a Secretaría Xeral de
Urbanismo como o Concello de Cambados estana deixando pasar por ser
promovida pola muller, a cuñada e o sobriño do subdelegado do goberno da
Xunta en Pontevedra e exalcalde de Cambados, José Manuel Cores Touris, e
sospeitan que poderían estar metidos tamén outros persoeiros do PP.
Estes
nacionalistas aseguran que non van a deixar que morra o conto; agardan
aínda as explicacións sobre a moción que presentaron ó pleno municipal e
tamén as que presentaron ante o Parlamento Galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.