Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de julio de 2012

O ALCALDE DE PORTAS NON DIMITE






O sr. Louzán considera que a decisión do Alcalde de Portas, Roberto Vázquez e os seus compañeiros do Grupo Popular nese Concello(pasarán a ser edís non adscritos) foi ”unha decisión ben tomada” e que “fixeron ben en pedila”.


Manda coll.......... ns.


O sr. Louzán non di que a baixa solicitada polos populares de Portas é provisional, polo tanto nin o Partido Popular nin Roberto Vázquez e os seus compañeiros están a decir a verdade.


Louzán recordou que os conservadores “cumpren cos Estatutos e vai por diante dos acontecementos que poidan poñer en dúbida a imaxe e o labor deste partido”. Recordou que o Alcalde de Portas non está “condenado, so ten aberto un proceso xudicial, e do que hai que ver o final”. Hai uns dias afirmaba o presidente da Deputación que si Vázquez era condenado, tal e como vai o proceso indica que así será, debería dimitir como Alcalde. O dito, dous dias despois xa lle vale con que “saia” do partido pero siga como Alcalde.


O que é inadmisible é que siga como Alcalde e os seus compañeiros deberían botalo fora, pero coma na maioría dos Alcaldes peperos detrás deles so hai un grupo de xente posta polo partido e que arrastra votos e nada máis. So teñen un cabeza de cartel o resto na maioría dos casos son recheo.
Louzán reconoceu que  estas medidas son difíciles de tomar. Si esto e difícil debe ser por que o partido “perde” a unha persoa “valiosa” e con vinte anos de antiguadade no partido. Que Louzán non se preocupe que non van crear outro partido en Portas para os recén demitidos. Que eles seguirán no partido aínda que sea a “sombra”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.