Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de julio de 2012

ENCONTRO DO VIÑO DE AUTOR EN MEAÑO







A Festa celebrarase entre o 20 e o 25 de xullo. Este ano o encargado de dalo pregón será o xornalista Tomás Alonso.
Tomás Alonso





Un ano máis a Asociación de adegas Artesáns Rías Baixas organiza o seu tradicional Encontro do Viño de Autor. A praza do concello de Meaño foi, coma de costume, o lugar escollido para a celebración e a colocación dos stands. A Festa arrancará o día vinte e prolongarase ata o 25. No día da inauguración, que será ás nove e media da noite, o pregón correrá a cargo do xornalista Tomás Alonso.

Cada día, a apertura dos stands será ás once e media da mañá. Dentro do programa de actividades, ademais da tradicional cata dos viños participantes, coma novidade, haberá un concurso de canto de taberna e outro de bullar millo a man.


Desde a organización confesaron que se trata dun programa acorde ós tempos nos que estamos no que tentaron recuperala tradición e que os visitantes cumpran un papel activo.
A clausura da festa e entrega dos premios será o día 25 ás once da noite.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.