O Governo de Mariano Rajoy quere adelgazar a Administración pública en España, unha das esixencias que puxo sobre a mesa a Comisión Europea para ampliar ata o 2014 o prazo para reducir o déficit ao 3 %.
O presidente do Goberno podería detallar hoxe no Congreso a decisión de arrebatar o groso das súas competencias aos concellos de menos de 5.000 habitantes que non poidan financiar todos os servizos que prestan aos cidadáns. Dende o Ministerio de Facenda destacan que moitos destes consistorios, que suman o 84 % dos 8.117 concellos de España, non puideron acollerse ao plan de pagamento de acredores posto en marcha polo Goberno porque non foron capaces de presentar nin un orzamento completo.
A medida afectaría en Galicia a 199 concellos, o 63 % do total, segundo os datos do padrón do 2011 que manexa o Instituto Galego de Estatística. Estes concellos agrupan ao 16 % da poboación galega, en total, a 459.000 habitantes.
Máis recortes
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.