A primeiros do mes que ven podería estar resolto o conflicto sociolaboral de Alfageme.
Tralo
auto da Audiencia Provincial de Pontevedra, ante o que cabe a opción de
recurso por parte da Familia Lago, expropietaria da firma; o comité de
empresa está a mover ficha. Veñen de reunirse con representantes da
empresa cántabra El Consorcio, quen lles ratificou a súa intención de
seguir adiante co proceso de compra das factorías de Ribadumia e
Vilaxoán e manter os postos de emprego xerados por estas dúas fábricas e
a do Grove.
Segundo
veñen de actualizar sindicatos e empresa candidata á compra, as 148
traballadores iríanse incorporando progresivamente á firma mantendo as
súas condicións laborais referentes ó salario e á antigüidade.
| Dias de encerros |
Para
que sexa posible chegar a rubricar o proceso de compra-venda é mester
que a Xunta de Galicia debe liberar o crédito preciso para que poida
formalizarse o acordo económico. Para iso, tralo acordo sindical que
parece seguro, só falta que se aprobe no Consello da Xunta deste xoves.
Os
sindicatos mantéñense á espera de que a Consellería de Economía e
Industria os chame para darlles conta do cumprimento da súa parte. Ate o
de agora non ten data pero dáse por sentado que a solución se encarrile
esta semana.
Pola
súa banda, representantes do Comité de Empresa volverán a reunirse o
venres en Pontevedra cos axentes de El Consorcio, para asinar o acordo
que especializará á factoría de Ribadumia en producción de anchoa e
almacén, namentres o resto da producción, principalmente enfrascado de
túnidos se executa en Vilaxoán, logo dunha importante inversión inicial
prevista polo grupo cántabro.
Pola
súa banda a CIG reunirase hoxe en asemblea cos traballadores de
Alfageme, namentres Comisións Obreiras fai o propio cos de Vilagarcía o
xoves e cos do Grove o venres á tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.