Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de julio de 2012

CAMPUS DO MAR EN CAMBADOS



Os días 23, 24 e 25 de xullo chega a Cambados, “Mergúllate no Océano”, unha invitación a coñecer o mar en profundidade, na que os participantes poderán sentirse durante a súa visita como auténticos científicos mariños realizando coas súas propias mans sinxelos experimentos e descubrindo como funcionan os océanos. Esta proposta divulgativa para todas as idades do Campus de Excelencia Internacional – Campus do Mar, que conta co financiamento do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e o apoio do Concello de Cambados, ten como obxectivo achegar as ciencias e tecnoloxías mariñas á sociedade e destacar a importancia que para o progreso da humanidade ten coñecer e conservar os océanos.

A ciencia mariña cobrará protagonismo durante estes tres días coa instalación na Praza de Fefiñáns dun recinto expositivo no que, a través de obradoiros,  descubriremos por exemplo de onde procede o peixe que comemos habitualmente, como funcionan as correntes mariñas ou a importancia que teñen as dunas. Mergúllate no Océano busca implicar ao público asistente e espertar a súa curiosidade dos en cada unha das actividades plantexándolles pequenos retos para que, como fan día a día os investigadores, podan chegar a descubrir o funcionamento do mar e dos seres que o habitan.

Aqueles que queiran participar nesta experiencia recibirán á entrada un pasaporte que deberán ir selando en cada un dos obradoiros a medida que van completando as diferentes actividades propostas, que abranguen ámbitos tan variados como a Ecoloxía, a Bioloxía, a Oceanografía ou as tecnoloxías aplicadas ao medio mariño. Unha vez acaden todos os selos serán xa uns auténticos científicos mariños e poderán cambiar o seu pasaporte por un pequeno agasallo á saída.
Un dos momentos estelares de “Mergúllate no Océano” terá lugar o día lúns 23 de xullo ás 22:30 horas   coa proxección dos documentais “Islas Atlánticas de Galicia” de Televisión Española e “O Mar das Cíes”, de José Irisarri, que nos permitirá mergullarnos a través dunha pantalla de cinema na costa de Galicia, e coñecer unha das máis ricas biodiversidades de todas as augas do planeta dun xeito nunca visto para nós.
Cambados  constitúe unha das paradas desta acción que percorrerá diferentes vilas galegas e portuguesas durante todo o verán e que forma parte do programa de divulgación científica do Campus do Mar, un proxecto promovido polas tres universidades de Galicia, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Instituto Español de Oceanografía e no que participan ata 23 universidades, centros e plataformas tecnolóxicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal con intereses na docencia e investigación mariña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.