Fai uns dias entidade provincial aprobou o prego de condicións para sacar a licitación a xestión dos catro parques que o integran.
O
Consorcio Provincial de Bombeiros aprobou o prego de condicións para
sacar a licitación a xestión dos parques do Salnés, Vilagarcía, Morrazo e
Porriño, cun orzamento de 22,2 millóns de euros para os vindeiros 8
anos. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, indicou que a esta
cantidade hai que engadirlle un millón de euros do parque comarcal do
Deza para o mesmo período.
Os
parques contarán cun total de 90 bombeiros, xa que se reforzará algúns
como o de Vilagarcía, que pasará de dous efectivos por quenda a 3, e que
dará servizo tamén á comarca de Caldas.
Segundo
indicou Rafael Louzán, deste xeito se poderá garantir a atención dos
bombeiros ó 70 ou 80 por cento da poboación da provincia, exceptuando
Pontevedra e Vigo, que xa teñen parque propio. Unha atención que se fará
dentro dos 20 minutos establecida como tempo máximo para a
chegada ao lugar de actuación.
O
prego de condicións inclúe tamén os salarios do persoal, que será de
19.000 euros brutos para os bombeiros, 21.500 euros para os cabos e
25.000 para o sarxento. Segundo as previsións da Deputación, en agosto
podería estar adxudicada a xestión do Consorcio Provincial de Bombeiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.