Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de junio de 2012

DESCONVOCADA A CONCENTRACION COTRA A ESTATUA A FRAGA

Dende este blog queremos compartir a publicación de Oscar en https://cambadostk.wordpress.com/

Cambados(tk) desconvoca oficialmente a protesta pero non se responsabiliza de que o sábado ás 20.30 horas a xente acuda libre e voluntariamente á praza do Concello de Cambados.
O luns 4 notificamos á Delegación do Goberno en Pontevedra de que tiñamos previsto convocar para o sábado 9 ás 20.30 horas unha concentración na Praza do Concello para rexeitar que o Goberno Local gaste os cartos de todos os cambadeses en colocar unha estatua de Manuel Fraga. Fixémolo en vía de urxencia (xa pasaran os 10 días naturais que marca a lei para estas solicitudes) e aportamos razóns para dita urxencia. Isto pode ser comprobado no punto QUINTO do noso escrito.
A esta convocatoria sumáronse máis de 400 persoas nas redes sociais e as organizacións Xuventudes Socialistas do PSdeG-PSOE, Bloque Nacionalista Galego, Encontro Irmandiño e a Asemblea Nacionalista do Salnés.
Hoxe a mediodía recibimos notificación da Subdelegación na que afirman ter “por no comunicada dicha Concentración por haber sido presentado el escrito fuera de plazo,  sin alegar ni justificar la urgencia de su convocatoria  y celebración”. É dicir, noutras palabras, prohíbese o noso dereito á protesta pública nun lugar no que non se entorpece nin o tráfico nin aos péons. É dicir, tantos anos despois, o “la calle es mía” do propio Manuel Fraga segue a ter vixencia.
A Subdelegación do Goberno minte na súa notificación porque SI aportamos razóns para solicitar pola vía de urxencia a mobilización. A lei permite que neste caso se notifique até con só 24 horas de antelación.
Chama a atención que a data de entrada do noso escrito sexa o 4/6/2012 ás 10:53 e a data de saída da resposta sexa o 4/6/2012 ás 10:55. É dicir, o mesmo día DOUS MINUTOS despois de telo entregado a súa negativa xa estaba impresa, asinada e cuñada. Fainos pensar que na Subdelegación non leron o noso documento que no último punto, repetimos, si aportaba as razóns para a urxencia da convocatoria.
Neste momento, sen tempo material para recurrir a resposta do Goberno pola cercanía da data prevista para a protesta, decidimos remitir mañá venres un escrito ao Subdelegado asinado pola mesma persoa que fixera a notificación DESCONVOCANDO OFICIALMENTE  a concentración do Sábado 9 e inhibíndose de toda responsabilidade ao respecto.
Así mesmo, desde Cambados(tk) non nos responsabilizamos da convocatoria. Non queremos nin podemos permitirnos o “luxo” de recibir unha sanción económica ao respecto.
Do mesmo xeito non nos responsabilizamos de que parte do pobo de Cambados decida libre, voluntaria e democraticamente parar o sábado 9 de Xuño arredor das 20.30 horas na Praza do Concello.
A rúa, mal que lles pese, é de tod@s.

Asina a petición online a Luís Aragunde para que non se poña a estatua




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.