Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de junio de 2012

CONGRESO PROVINCIAL DO PSOE




O voceiro do PSOE grovense compareceu na tarde deste mércores en rolda de prensa en Pontevedra para presentar a súa candidatura á Secretaría Provincial do PSOE, o cargo que nos últimos anos viña desempeñando Modesto Pose, e cuxo novo ocupante se decidirá este sábado nun congreso ao que tamén concorrerán Santos Héctor, Juan Manuel Rey e Luís Piña.

José Antonio Cacabelos


O ex alcalde do Grove e deputado provincial José Antonio Cacabelos será un dos candidatos que optarán este sábado ao posto de secretario provincial no congreso que o PSOE celebrará este sábado en Pontevedra, sempre e cando, nesa mesma xornada, a súa candidatura sexa validada cos avais do 20% dos delegados.
Juan Manuel Rey


Segundo explicou a TODOGROVE.COM despois de comparecer ante os medios na capital da provincia, o voceiro do PSOE na corporación grovense recoñeceu que tras manter unha serie de reunións con outros membros do partido que consideraban precisa unha renovación na estrutura orgánica da formación do puño e da rosa na provincia coa intención de formar un “proxecto común”, optou por presentarse en solitario, xa que os camiños “empezaron a dividirse”.
Finalmente, o grovense optou por “dar un paso atrás” nestas negociacións ao ver que o proceso “empezaba a estar viciado” por “un reparto de postos para a executiva provincial e para as eleccións autonómicas”. 

Así pois, tras “moitas reunións con moitas agrupacións de toda a provincia”, Cacabelos optou por presentar a súa candidatura a un congreso que “moitos entenden que ten que ser o da renovación e rexeneración das ideas”.
“A Executiva Provincial ten que ser unha ferramenta para levar adiante ese traballo” e para “recuperar a forza electoral que o PSOE ten que ter”, engadiu o socialista, quen recalcou que non vai entrar en ningún tipo de negociacións e repartos. “Iso non é serio”.

Santos Héctor
Os rivais                                    

Aínda que ata a presentación dos avais na propia mañá do sábado ninguén será candidato á Secretaria Provincial de forma oficial, semella que serán tres os rivais do socialista neste proceso.
Por unha banda, atópase Santos Héctor, concelleiro en Vigo e compañeiro de Cacabelos na Deputación Provincial, cuxa candidatura é para moitos froito dun acordo entre o alcalde vigués, Abel Caballero, e o actual secretario provincial, Modesto Pose.
Pola outra estarían dous homes que formaron parte dese proceso de negociacións do que Cacabelos rematou saíndose e que tamén concorrerán pola súa conta ao congreso, o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey; e o deputado autonómico Luís Piña.

Luis Piña

Este panorama converte a Héctor no candidato con máis opcións a priori para obter o apoio do maior número de delegados. Ante isto, Cacabelos, que nos próximos días intensificará os contactos que xa viña mantendo nas últimas semanas para obter o maior número de apoios, fai énfase en que “serán os compañeiros”, a través de voto segredo e en urna, os que decidan finalmente quen sucederá a Pose. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.