Máis
de sesenta postes coma estes serán colocados nas vindeiras semanas ó
longo da variante do Camiño de Santiago Portugués, aquela coñecida como a
variante espiritual que comeza na cidade de Pontevedra, se bifurca pola
comarca de Arousa e mesmo contempla un tramo fluvial.
Polo
de agora, a nova sinalización instalarase no tramo de competencia da
Mancomunidade do Salnés. O obxectivo desta actuación é facilitalo camiño
ós peregrinos e potencialo turismo de interior.
Amais,
esta nova sinalización pretende contribuír a diversificala Ruta
Portuguesa. Para conseguir todos estes obxectivos, destacar a promoción
que desde a Asociación de Amigos do Camiño Portugués están a facer da
mesma en lugares como Brasil, Alemaña ou Xapón.
Nestes
momentos esta variante do Camiño Portugués conta con dous aloxamentos
para peregrinos no Salnés: o Mosteiro da Armenteira e un camping de
Vilanova.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.