Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de junio de 2012

PARA CANDO UNHA COMISION DE INVESTIGACION?





O presidente da Xunta di que se fará pero que polo dagora non é o momento. Cando será o momento sr. Feijoo?

A situación financeira de Novagalicia Banco e o rescate á banca anunciado esta fin de semana polo Executivo central acapararon onte o debate no Parlamento de Galicia. PSdeG e BNG volveron a alzar a voz para esixir ó Goberno da Xunta que cree unha comisión de investigación para que os responsables das Caixas de Aforro poidan render contas á poboación sobre a súa xestión. O titular do Goberno Galego, Alberto Núñez Feijoo, reiterou que esa comisión se creará, pero cando se coñezan as necesidades de recapitalización de Novagalicia Banco. 

 
Desde a oposición, o líder do PSdeG, Pachi Vázquez, propuxo a creación dunha ‘fronte común’ entre tódolos partidos galegos para solicitar ó Banco de España que, unha vez se produza esa recapitalización, NGB non se ‘subaste por un euro’. 
 
No BNG contribuíron a aumentar a tensión plenaria cando varios deputados exhibiron unha pancarta co lema ‘rescate para a banca, roubo para o pobo’, mentres a súa voceira, Ana Pontón, acusou a Feijoo de tratar de impedir a investigación ‘porque sabe que pode haber responsabilidades penais’.













No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.