Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de junio de 2012

TALLER DE ASTRONOMIA NO ASOREY



Instituto Francisco Asorey de Cambados desenvolveu ó longo do presente curso un proxecto de astronomía grazas á concesión dun Plan de Mellora da Excelencia na Educación para a provincia de Pontevedra. Deste xeito, os rapaces aprenderon as nocións básicas de como entender a bóveda celeste, e tamén a creación de robots a escala cos que se poderían explorar novas posibilidades máis aló do noso planeta. Nestas actividades concorreron distintos departamentos, principalmente o de Tecnoloxía no que afondaron na robótica vencellada á astronomía.





E tamén como non co departamento de Física e Química, mediante o cal puideron conectarse coa radioantena de Robledo de Chavela, noutrora útil para as misións espaciais e arestora, á disposición de tarefas educativas coma esta.

Nestas actividades participaron desta volta, alumnos cos mellores expedientes que puideron así ampliar coñecementos sobre un novo e ate o de agora descoñecido mundo para eles.

Dado o éxito desta edición, xa están pensando na do próximo curso na que se continuarán con algúns dos proxectos actuais e no que tamén se estrearán novas posibilidades; tamén para alumnos dos últimos cursos da ESO.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.