Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de junio de 2012

1ª CONCENTRACION MOTOTURISTICA EN VILANOVA





Despois da feira de motos celebrada a finais de 2011, Os de Valle Moto Club anímanse agora a organizar a I Concentración Mototurística.



Será esta fin de semana no entorno do pavillón de deportes.


O sábado a inscrición abrirase ás catro da tarde dando paso a numerosas actividades, todas elas gratuítas: motos e vehículos antigos, exhibición do Ximnasio Curves, carreira de motos lentas, touro mecánico, un minuto de ruído e unha ofrenda en memoria dos moteiros caídos. Ademais tamén haberá unha exhibición de judo, un show de lavamotos, e contarase coa presencia de pilotos da talla de Martin Nos.



A organización espera xuntar 150 motoristas, e de feito xa teñen 50 inscritos, algúns deles vidos de fóra de Galicia. A noite do sábado rematará con cea, fogos artificiais, verbena e un striptease. E o domingo os moteiros inscritos farán unha ruta polo Salnés, que rematará no Pazo Vista Real de Vilanova.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.