Preto de 250 persoas congregáronse onte pola tarde na Praza do Concello de Cambados para deixar constancia do seu rexeitamento á instalación da escultura de Manuel Fraga.
Algúns dos opositores máis destacados ao proxecto mostraron a súa satisfacción coa asistencia, e deixaron a porta aberta a futuros actos de protesta.
En algúns dos grupos de amigos xa se falaba de novas concentracións e incluso de manifestacións para facer máis forte a sua oposición a estatua.
Tamén se preguntaban que si fose verdade que a idea fora dos viticultores por que non se dixo de principio e porque o Concello foi, segundo a prensa quen encargou a estatua.
A concentración organizouse por dúas vías: unha formal, capitaneada por Galiza Nova –mocidades do BNG– e outra informal, que se xestou a través das redes sociais de internet, e segundo a cal os alí presentes quedaran na praza cun amigo, ardid co que esquivaban calquera eventual sanción da Subdelegación do Goberno.
Ás 20,15 horas a praza presentaba un aspecto desangelado, pois apenas había dúas parellas de mozas na mesma. Pero o panorama cambiou nun dez minutos. Para entón xa se formaron varios grupos, e Galiza Nova empezou a repartir adhesivos que representaban un sinal de prohibido aparcar co rostro de Manuel Fraga ao fondo. Os mozos do Bloque despregaron despois unha pancarta coa lema "Ningún homenaxe a Fraga. Máis emprego para a mocidade", mentres que os membros de Xuventudes Socialistas colocábanse ao seu lado e despregaban outra, na que se lía "Estatua de Fraga. Nin de bronce!". Coreáronse consignas en contra da homenaxe e houbo aplausos.
A concentración contou coa "vixiancia" dun coche da Garda Civil con dous axentes uniformados e outros dous de paisano.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.