Satisfeitos
pola participación e pola acollida que tivo esta primeira xornada de
portas abertas que se celebrou o pasado 26 de maio. Así se amosaron
dende a Ruta do Viño Rías Baixas na entrega de premios do Desafío Rías
Baixas que se levou a cabo durante esta xornada.
O
obxectivo desta iniciativa era abrir as adegas para achegar o albariño a
veciños e visitantes, ofrecendo unha xornada diferente na que coñecer o
proceso de elaboración e degustar estes viños.
Enmarcada
dentro do Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia, esta iniciativa
foi promovida por Turgalicia, conscientes de que o galego é o principal
mercado turístico para as Rías Baixas. Aproximadamente unhas 900 persoas
visitaron as adegas nesta primeira edición e agardan que nos vindeiros
anos continúe collendo forza.
E
para os máis valentes púxose en marcha ese Desafío Rías Baixas, que
consistía en resolver unha serie de adiviñanzas, relacionadas coa Ruta. A
gañadora conseguiu descifrar 15 dos 30 plantexados e recibiu ademais do
seu trofeo, un lote de sesenta botellas das diferentes adegas
participantes.
Tamén
se entregou neste acto o premio á fotografía que acadou maior número de
“me gustas” no facebook da Ruta do Viño. Para a premiada unha estancia
para dúas persoas no establecemento enoturístico Lagar de Costa.
A
maiores, sorteos entre os participantes, lotes de licores e comidas en
distintos restaurantes entre eles o Parador de Cambados. Todo co
obxectivo de continuar promocionando o albariño tanto dentro como fora
das fronteiras da nosa comarca, obxectivo que a vista dos comentarios
está máis que cumprido.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.