Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de junio de 2012

DOBLETE DOS BENXAMINS DO CAMBADOS




Fai unhas semanas o cadro Benxamín A do Club Juventud de Cambados proclamábase campión de liga con 4 puntos de diferencia sobre o 2º clasificado o U. Dena.

O Unión Dena foi o rival dos cambadeses nas semifinais da Copa. Un partido xogado de poder a poder que finalmente se decantou por un axustado 3-4 en favor dos de Cambados.
Dena-Cambados

Os goles de Yerai (2), Fernando e Diego resolveron o choque no que o Cambados foi sempre a remolque.
Antes deste partido o cadro de Cambados desfíxose en oitavos do Ribadumia por un claro 0 a 5 con goles de Yerai (2), Anxo e Alvaro (2). Despois en cuartos o rival foi o correoso Noalla que sucumbiu por 4 a 2 no Pombal. Os goles foron anotados por Alex C, Yerai, Juanjo e Anxo.
Ribadumia-Cambados

Onte xogouse a final. Con algúns erros por parte da organización, o partido comezou unha hora máis tarde do previsto.
O rival dos de Cambados foi o San Martín de Vilaxoán. O equipo de Vilagarcia fora o único conxunto que lle ganara na liga a os xogadores de Manuel Fariña (Fari), e por un claro 5 a 1.

.
O partido escomenzou con precaución por ámbolas duas escadras e sen dominador. O Cambados tiña o balón sen profundidade e o San Martín contraatacaba sen moito perigo. A primeira parte foi un tomaedaca sen claras oportunidades de gol  propiciadas pola seguridade de das duas defensas. Pero todo ía a mudar na segunda parte. O campión de liga saía con máis forza e iso propiciou que os amarelos tiveran varias ocasións con disparos dende lonxe que foron  por riba da portería por centímetros.
O Cambados atópabase máis seguro pero as contras do San Martín non estaban exentas de perigo.


Varios erros do colexiado puxeron nerviosos a os xogadores amarelos e a os seus seguidores, decisións que se ben non influiron no resultado, cortaban en demasía o xogo cambadés.

Momento do 2º penalti marcado por Fernando
Ao final a temida quenda de penaltis tivo que dilucidar o campión. Polo J. de Cambados os encargados de lanzar foron Yerai, Fernando e Alex C.. Os tres xogadores converteron os seus lazamentos e o porteiro Alex O. encargouse de parar o segundo dos lanzamentos dos de Vilaxoan, proclamándose campiós.


Noraboa a os dous conxuntos e sorte para o C.J. Cambados no próximo cruce do que salirá un finalista para a supercopa Diputación da Segunda Benxamín de Pontevedra.
Alegría tras os penaltis.


Ante todo deportividade

Un recordo para Juanjo que por motivos familiares non pudo xogar  o partido que tanta ilusión lle facía.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.