Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de junio de 2012

CONTEDORES SOTERRADOS



O Concello de Cambados estrea contedores soterrados no casco histórico. Coa intención de mellorar o aspecto visual deste entorno deron en colocar estes contedores na rúa do Príncipe, Valle Inclán,  San Francisco, na Praza da Leña e na Avenida de Madrid, que entrarán en servicio en breve e que completarán ós xa existentes na rúa Isabel Segunda e na Ribeira de Fefiñáns. Como ven, os contedores que albergan o lixo están baixo a rúa, deixando unha rúa limpa e sen cheiros. 
Que se pasen pola rúa Sevilla e aprecien o cheiro dos contedores alí situados, no ano 2012 non pode ser que pase isto. Nunha zona con unha decena de bares e restaurantes eses contedores quedan moi escasos. Agardamos que coa posta en funcinamento destes soterrados alivien algo a os da rua Sevilla
 

Os contedores só ascenden á superficie cando ven o camión do lixo a recollelos. Esta actuación supuxo un investimento de 200.000 euros a cargo do Fondo Financeiro do Estado para a Modernización de Infraestructuras Turísticas. 

 
 

De aquí a pouco continuarán colocando máis contedores deste tipo. Outro acto co que o Concello Cambados quixo conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente foi ca plantación dun carballo no Parque do Torrado; unha tarefa para a que o alcalde, Luís Aragunde, contou ca axude de escolares do Concello. 








 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.