Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de junio de 2012

RECORTES EN LOGOPEDAS PARA OS NENOS AUTISTAS



Os pacientes que precisan tratamentos de logopedia na comarca souberon hai quince días que se lles reducían as sesións sen ter recibido unha explicación de por que se tomaba esa decisión, aínda que sospeitan que é un recorte máis pola crise. Dúas semanas despois de ter sido informados polos propios centros concertados da redución das sesións, seguen sen unha explicación oficial, por iso algúns denunciaron os feitos ante o Valedor do Pobo.


Tamén o PSOE fíxose eco do problema, e de feito, os deputados socialistas Carmen Acuña e Modesto Pose presentaron unha pregunta para que lla respondan no Parlamento na que se interesan polo «recorte súbito á metade do servizo de logopedia en Vilagarcía», unha cuestión que, segundo os socialistas, afecta a uns 200 pacientes do Salnés.



A alerta lanzárona pais de nenos autistas que, hai quince días, foron informados polos centros concertados nos que recibían as sesións de logopedia de que dito servizo quedaba reducido á metade, é dicir, que quen recibía catro sesións á semana quedaba con dúas. E todo iso sen un informe do especialista que o avalase.



O peor de todo isto foi que se fixo sen previo aviso a os pais ou titures dos pequenos. Primeiro recorta e despois igual dan as debidas explicacións.

3 comentarios:

Cuca dijo...

Grazas Xusto por facerte eco desta noticia...
So che quero pedir un pequeno favor, non uses a palabra autista, é mellor que poñas nenos con autismo ou persoas con autismo, igual che parece unha tontería pero que tal che soaría en vez de persoa con cáncer "canceroso"????
Temos moitos frentes abertos pero este tamén é importante, o uso correcto do término autismo e de persoas con autismo. grazas anticipadas.
Un saúdo
Cuca da Silva

CORES DE CAMBADOS dijo...

Disculpame por empregar ese termo. Apartires de agora usarei os termos que me suxires.

CORES DE CAMBADOS dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.