Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de junio de 2012

REPARACION DOS DEPOSITOS DE TREVISCOSO




Non hai problemas estructurais nos depósitos de auga da Mancomunidade do Salnés. Esta é a conclusión positiva dun informe encargado por Augas de Galicia, tras apreciarse fugas de líquido. O estudo feito ás instalacións descubriu numerosas gretas aparecidas ó longo dos 25 anos que ten o depósito, nas xuntas interiores, no teito, polo que recomenda unha boa reparación. Aínda que houbera problemas non hai cartos para facer outros novos, eso si, para esculturas de franquistas non se dubida nin por un segundo.

 
Augas de Galicia acometerá e financiará as obras de reparación, que custarán algo máis de 130 mil euros. O prazo de execución será de mes e medio, que arrancarán despois do verán. Ademais, farase un plan de mantemento, con recoñecementos mensuais o primeiro ano e logo cada seis meses. O depósito da Mancomunidade consta de dous habitáculos, un con 6 mil metros cúbicos de capacidade e outro de 4 mil. Este último é o que peor está.
En canto ó subministro de auga para o verán, o presidente da Mancomunidade asegura que grazas ás chuvias desta primavera non haberá perigo no abastecemento para xullo e agosto. 


 
Sobre o novo depósito de auga solicitado á Xunta, con cargo á indemnización de Brenntag, de momento, non hai novidades. A Mancomunidade lembra que teñen o compromiso do conselleiro de Medio Ambiente.

Agardemos que non sufran máis perdas os depósitos pois todo o que pase por alí pode ver coma un regueiro de auga dende os depósitos carretera abaixo.





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.