A Asociación Galega de Mariscadoras remitiu á Fiscalía unha gravación
telefónica na que supostamente o patrón maior, Benito González, dialoga
cun socio e pon de manifesto a existencia dunha presunta malversación de
fondos públicos, segundo a presidenta, Natalia Laíño.
González, que é presidente da Federación Galega de Confrarías, xa foi denunciado no Xulgado de Instrución Número Un por un socio e por Agamar no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por presunta percepción irregular de máis de 78.000 euros ao exercer o cargo de presidente da Federación Galega, que non é remunerado.
Laíño expón que "as gravacións corresponden a unha conversación privada que manteñen socios da confraría co patrón, supostamente é a voz de Benito González, por iso remitiuse á fiscalía, alí decidirán se teñen validez ou serven polo menos para determinar a existencia de irregularidades".
A Consellería do Mar argumentou falta de competencia da Xunta para fiscalizar a disposición de diñeiro público na confraría, extremo co que non está de acordo Agamar. "Entendemos que Mar debe pronunciarse, non acusar, pero a conselleira Rosa Quintana parece que está desaparecida", concluíu Natalia Laíño.
| Natalia Laiño |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.