A asemblea designou tamén unha dirección na que participan, entre outros, Santi Domínguez, Sandra González, Camilo Nogueira, Xesús Veiga ou Ana Luisa Bouza, informou o colectivo nun comunicado.
Na clausura da reunión, Aymerich sinalou que Abrente "nace nun tempo marcado polos recortes sociais e democráticos coa vontade de traballar a favor da democracia e de Galicia desde os valores da esquerda".
O dirixente do colectivo subliñou a súa "aposta clara polo BNG, non só por responsabilidade política -dixo-, porque non lle queremos pór as cousas fáciles ao PP, senón tamén por coherencia democrática".
Insistiu en que Abrente defenderá as súas ideas dentro do Bloque, por convencemento de ser este o seu espazo e "con vocación de reconstruír a pluralidade no seo da formación nacionalista".
Á asemblea acudiu o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, ademais de representantes dos outros colectivos integrados na formación nacionalista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.