Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de junio de 2012

A ETERNA HOMENAXE

Este artigo foi escrito por Bárbara Abal Valle, Secretaria de Organización das Xuventudes Socialistas de Cambados, publicado na web das XX.SS de Cambados.



Sempre pensei que as mellores homenaxes se fan en vida, máis que nada porque a persoa que a recibe poida desfrutala.
Non pode ser así en todos os casos, pero hai un caso en concreto que está de actualidade que sí.
A vila de Cambados vai a pagar a cantidade de máis 15.000 € nin máis nin menos por unha estatua do Señor Don Manuel Fraga Iribarne.

E digo que a imos a pagar os Cambadeses, porque ou ben os cartos saldrán das arcas municipais, ou ben da Deputación de Pontevedra ou da Xunta de Galicia, é dicir, con cartos de todos e todas os que pagamos os nosos impostos esperando que sexan utilizados para o ben público e máis nestes tempos críticos, non en outro tipo de parnafernalias.

Cando se fai unha estatua desta envergadura, con diñeiro público, suponse que é porque hai folgura económica, un extra despois de ter as necesidades primarias cubertas, como axudas sociais para atención ós dependentes , becas, creación de traballo público ou en arranxar calquer obra mal acabada de tantas que temos nesta vila.

Que se xa se plantexa que se coloque no parque de Torrado para que esté a bo recaudo ante posibles sabotaxes, como ben di o  Alcalde, será porque os conveciños non estamos de acordo xa antes de poñela, cando se supón que si pagamos por unha obra así é porque queremos.
Polo tanto, non temos dereito a elexir se a queremos ou non por moi en desacordo que estemos, por moita rabia que nos dea pasar por diante dela, por diante dunha figura pública que participou do franquismo, un personaxe tan controvertido polas súas declaracións públicas como polo seu pasado, que realmente aínda está presente.

Poden dicir que non é unha homenaxe á figura política, pero está claro que o que este home fixo por Cambados é o mesmo que pudo facer por calquer pobo gobernado polo Partido Popular durante moito tempo.
Algo que é innegable é que trouxo a Cambados a coñecer a nosa festa a moitas caras coñecidas, publicidade e rebumbio. Por eso xa foi recompensado, xa lle pagamos todos os cambadeses suficientes comidas na Festa do Albariño e demáis actos populares como para que se sentise satisfeito polo traballo que fixo por esta vila.

Porque cada obra, cada acto, cada comida ou aparición de Don Manuel conlevou uns gastos, e está ben que se fagan cousas por este pobo, pero eses cartos que se utilizan salen dos impostos de todos. Polo tanto mérito como para honralo pois tampouco fixo, mérito o do noso Alcalde que ten unha capacidade para agochar o que lle convén moi envidiable pois estos gastos non saen reflexados nos orzamentos que fai tan solo unhas semanas fixeron públicos no Pleno do Concello.

Quen algo agocha é porque sabe que non está ben feito, se sabía que non ía a ser aceptada, por qué sigueu adiante co proxecto?
por que non o poñen na súa sede e o pagan eles?

En cambio, outras figuras notorias da historia cambadesa como Dolores Del Valle Bechade, máis coñecida como » a francesa» que  demostrou unha ampla xenerosidade con todos os veciños ó donar os terreos do que hoxe é a Xuventude, os  da Merced e os do actual  colexio Salesiano, nunha aposta polos xóvenes e a súa educación. Unha muller que aportou cartos para a súa construcción, apoiou económicamente ás viúvas dos pescadores e ó asilo de San Tomé e ós xóvenes polos que sempre apostou nunca fora nin recompensada nin homenaxeada.

É irónico que a mulleres como esta que entregan o seu propio patrimonio para uso e disfrute dos cambadeses nin se quera se lle recoñeza o mérito que teñen, cando xa se pediu e se aprobou en pleno unha rúa para esta señora no ano 2007 e aínda se está esperando.


O que pasa neste Concello é unha vergoña.







O artigo foi escrito antes de que o Alcalde otogáralle a iniciativa a outra "xente" e se desvinculase de forma dineraria do proxecto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.