O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, sinalou fai uns dias que a
dirección socialista "ten moi claro" que, "sen excepción" os alcaldes do
seu partido deben aplicar o Imposto de Bens Inmobles á Igrexa nas zonas
que non son de culto.
Pachi Vázquez sostivo, en declaracións aos xornalistas, que en momentos onde a solidariedade é necesaria e "todos debemos apertar o cinto",
a Igrexa "ten que ser a primeira que dea exemplo, e creo que todos os
gobernos socialistas, sen excepción, deben aplicar o IBI".
Preguntado pola postura de alcaldes socialistas, entre eles o de
Vigo, Abel Caballero, de non solicitar o pago á Igrexa, Pachi Vázquez
indicou que "os socialistas non somos unha organización militar".
Explicou, con todo, que a dirección do partido pide que se aplique o
IBI á Igrexa "sen excepción" e, máis aló "de que é opinable calquera
razoamento, se en toda España a dirección do partido e en Galicia a
dirección está a apostar por unha decisión, deberiamos tratar de aceptala todos".
| Casa rectoral. |
"A dirección política deste partido, Madrid e Galicia, téñeno moi
claro e defendemos absolutamente e con rotundidade" esta decisión,
sinalou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.