Dun tempo a eiquí vimos de escoitar unha serie de contos populares a cada cal máis falso, máis surrealista, ou máis increible. Os que vou a contar agora son o resumo de catro contos. Tan resumidos que con tres ou catro liñas por cada un, penso que chegan. Eso sí, despois vos tedes que pensar si eu erro nas miñas apreciacións ou non.
O primeiro trata como un alcalde quere poñerlle unha estatua a un ministro falanxista e como nota na poboación certa repulsa, uns polo pasado do homenaxeado, outros polo despilfarro de diñeiro público, recúa e di que todo e cousa da xente relacionada co sector vitivinícola e farase unha cuestación "ppopular".
O segundo conto popular ou chino que escoitamos di que un candidato a Xunta de Galicia promete acabar co paro en 45 días. Chega a Xunta, non consigue rebaixar o paro, bótalle a culpa a "todo Dios" e aínda enriba cando hai un pequeno dato positivo sae na Tele presumindo, cando e negativo....."desaparecido en combate".
O terceiro e máis recente conta de como varios ministros, altos cargos do Governo do Estado e incluso o señor Rajoy durante a semana pasada negaban de maneira rotunda un rescate a banca española que cando se produce dito rescate alardean de que as condicións para ese rescate as puxera o Governo Español.
Publicado por Balboas de Fefiñans

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.