Desde
as filas nacionalistas aseguran que levan meses atopándose trabas á
hora de acceder á todo tipo de información no concello. Refírense ás
consultas administrativas e ás actas das Xuntas de Goberno Local. Neste
caso, a última que recibiron é a do 30 de xaneiro.
E
todo isto máis que un retraso administrativo, desde o BNG consideran
que é un problema político. Caamaño asegurou que o novo secretario do
concello lle manifestou que non tiña problema en remitírllelas copias
das actas, que pola contra, aínda non recibiron.
Ante esta situación, desde o BNG decidiron remitir un escrito ó Valedor do Pobo para que medie no conflito.
De
non resultar, desde o BNG descartan a vía xudicial. Aínda así, Caamaño
matizou que, de non funcionar esta vía, levarán a cabo outro tipo de
accións.
A esquerda copia dunha acta de outubro do 2011 entrgada a oposición en febreiro do 2012.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.