Un grupo de membros da asociación, unhas 70 persoas, dirixíronse esta onte á sucursal do banco situada na rúa Luís Seoane, onde se concentraron con pancartas e cubriron
con adhesivos partes da fachada da oficina.
Os afectados permaneceron no lugar ata que a oficina pechou as súas portas e apareceu a Garda Civil. Nese momento dirixíronse á outra sucursal de Novagalicia, que tamén pechou as súas portas ao ver aparecer aos membros da plataforma.
Ademais, un grupo dunha decena de persoas trasladouse tamén a oficina de Novagalicia situada na Avenida de Zamora de Ourense, onde permaneceron uns 20 minutos para protestar. De acordo cun dos responsables da sucursal, levaban camisetas da plataforma e a súa presenza, dentro da sede, non interrompeu o traballo.
As protestas de afectados polas participacións preferentes de Arousa Norte provocaron o peche, durante algo máis dunha hora, de dúas oficinas, unha na estrada principal en Boiro (A Coruña) e outra na localidade de Escarabote, aínda que un terceiro grupo se concentrou tamén noutra sucursal da primeira poboación.
As plataformas de afectados polas preferentes da zona Sur de Galicia teñen previstos varios actos de protesta nos próximos días, entre os que están unha concentración este xoves ante a oficina central de Novagalicia en Vigo, a partir das 18.00 horas.
Ademais, prevén concentrarse ante a subdelegación do Goberno de Pontevedra o 20 de xuño, así como organizar accións de protesta en Cangas ese mesmo día, e facer unha manifestación o venres 22 de xuño en Vigo, entre a Praza de España e a sede da Xunta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.