A Biblioteca municipal Casa dos Fraga vén de incorporar unha colección de 84 volumes, entre libros, discos e artigos, do legado artístico de José López Calo.
Este
musicólogo, catedrático emérito de Historia da Música da Universidade
de Santiago e vicepresidente da Real Academia Galega de Belas Artes
asinou, xunto co alcalde Luís Aragunde o acordo desta doazón.
O
legado deste profesor inclúe volumes sobre a música de Galicia, cun
tratado sobre a música medieval en Galicia, catro edicións sobre a
música na Catedral de Santiago, obras musicais de Juan Montes, e uns
vinte traballos sobre os Xoves Musicais da Universidade de Santiago.
López Calo doou tamén unha colección de 10 CDs de música clásica galega.
Ademais deixa na Casa dos Fraga libros sobre a música nas catedrais
españolas, como as de Zamora, Segovia, Burgos, Palencia e Valladolid.
Para
o Concello de Cambados este é a primeira vez que reciben unha colección
tan extensa e dedicada á música. José López Calo recoñeceu que posúe
unha biblioteca única dedicada á musicoloxía, tanto por volume, xa que
lle ocupa 6 salas enormes, como por contido. No seu haber ten códices
medievais, e edicións únicas. Un legado que, á súa morte, deixará a
Galicia, a través da Universidade de Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.