Tanto Manuel Dios como o líder de
+Galiza, Xoán Bascuas, coincidiron en sinalar que non hai "diferenzas
substanciales senón formas de proceder distintas", polo que esperan
poder reentablar as conversacións a partir do próximo día 16, no que
está prevista unha reunión da coordinadora do Novo Proxecto Común.

Bascuas recordou que o NPC marcouse un tempo e un procedemento diferente. "O noso é máis veloz'', sinalou, pero confiou en que a espera permita alcanzar un acordo final de cara á "cita obrigada" que supón a convocatoria de eleccións autonómicas. A este respecto, as previsións de Compromiso por Galicia son que os comicios se celebren "en setembro ou outubro, inmediatamente despois do verán".
Preguntados pola reflexión realizada por Francisco Jorquera na que apreciaba "posturas contraditorias" nesta alianza, Manuel Dios defendeu que, a pesar de discrepancias de ''matices" nas reunións organizativas, o "esqueleto do proxecto político estaba perfectamente acordado", e defendeu que todos os implicados son "tremendamente respectuosos". Ademais, recalcou que en Compromiso por Galicia non están só escindidos do BNG: "Somos moitas as persoas que estamos a participar e entusiasmados coa aparición dunha nova forza política en Galicia; non é un proxecto exclusivamente circunscrito a escindidos do Bloque".
| Asemblea de NPC |
Bascuas e Dios presentaron hoxe a campaña de actos públicos de presentación da formación, que comezarán mañá en Ourense -coa participación do ex senador Xosé Manuel Pérez Bouza, a ex conselleira Teresa Táboas e o propio Bascuas- e está previsto que finalicen o día 28 en Vigo, logo de pasar o 21 por Santiago ou o 15 por Pontevedra. Así, percorrerán as sete cidades galegas e localidades como Chantada ou Vilagarcía, entre outras. Tamén participarán outros referentes da organización como Xoán Hermida ou Xulia Guntín. Nelas, e segundo explicou o líder de +Galiza, "daremos a ver a pluralidade que reflicte este Compromiso por Galicia", a través da presentación do "guión programático" da organización aos cidadáns interesados, cuxa opinión queren pulsar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.