Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de junio de 2012

INFRAESTRUCTURAS INFRAUTILIZADAS



Fai uns dias saía en prensa a contestación do Alcalde Luis Aragunde a un escrito das Xuventudes Socialistas de Cambados no que estos criticaban o escaso uso que se lle daban as isntalacións do Centro sociocultural da Merced.


O alcalde dicía que a sala de ordenadores era usada por unha media de cincuenta persoas por dia, cousa del todo falsa. Agás a sala de ordenadores para os cursiños que conta con 15 ordenadores tan so hai outra sala que conta con 5 ordenadores. Para acceder a esta tes que ter un carné de usuario, debe de haber uns 100 carnés expedidos. So podes usar o ordenador unha hora por dia e hai que anotarse ao principio de cada sesión. Eu como usuario podo decirque como moito usan estes ordenadores unhas 10 persoas diariamente e sendo moi xenerosos. 


Ademáis cando a sala de cursillos con ordenadores está a funcionar na outra sala non hai manera de conectarse. A conexión vai por cable e non por wifi polo tanto non é capaz de soportar tanto ordenador conectado a rede. Os ordenadores públicos están obsoletos e dita sala carece de impresora para
que a xente que quere sacar datos para os seus estudos ou para calquer outra cousa non pode, se carece dun pendrive.

Non podo sacar unha copia da nota na que se apuntan os usuarios de cada dia, pois moita xente cecais non quere que o seu nome se faga público pero animo a quen queira que pase pola segunda planta do devandito Centro e o comprobe in situ. No resto da contestación do Alcalde tamén se fai referencia a que o centro era usado por Anpas, Asociacións de xubilados, corais, grupos de teatro etc.


Tratándose dun Centro Municipal que menos que se lle cedan as intalacións a diferentes colectivos que desenrolan labores para o ben da cidadanía.





Os cursos que alí se fan non son tantos ao cabo do ano e polo tanto e como pedían as Xuventudes Socialistas poderíanse habilitar espazos para os que queiran estudar teñan máis espazo pois a Biblioteca Municipal as veces quédase pequena.


Xa que non temos rede wifi por todo o Concello, algo prometido polo PP de Cambados en varias ocasións, polo menos ter uns espazos municipais onde poder acceder a internet.

Nos tempos de crise os Concellos deben facilitar a vida a os cidadáns, aínda que no noso Concello non o entendan así.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.