O gurú británico da gastronomía coñece Cambados e apreza o viño albariño.
O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, mantivo unha entrevista co
escritor e xornalista británico John Radford, considerado un dos grandes
críticos do mundo do viño e da gastronomía no Reino Unido. Aragunde
aproveitou esta xuntanza profesional para convidalo a coñecer a Festa do
Albariño que este ano alcanza a súa edición número 60, e tamén para
amosarlle en profundidade as excelencias da gastronomía cambadesa e máis o
sector do viño no Salnés.
John Radford, que obtivo varios premios por publicacións sobre viño e
gastronomía, xa coñeceu Cambados nalgunha visita anterior, onde se
ratificou no aprezo as calidades do albariño, e participou tamén en
actividades organizadas polo consello regulador da denominación de orixe
Rías Baixas.
Luis Aragunde e John Radford coincidiron esta pasada fin de semana no
acto de irmanamento entre a Cofradía de los Vinos de Ribera del Duero e
o Capítulo Serenísimo do Albariño, que se celebrou na vila
vallisoletana de Peñafiel e que deberá ser ratificado durante a Festa do
Albariño, na primeira semana de agosto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.