![]() |
| O maitre Antonio Garcia Bono |
Coma todos tódolos anos o encarregado de impartilo será Antonio García Bono, maitre do Parador Nacional do Albariño de Cambados.
O maitre Bono é un apaixoado divulgador da cociña entre os máis novos, participando en numerosos talleres para ensinarlle aos rapaces como facer pan, doces, batidos, receitas sinxelas para que os cativos asimilen millor os segredos da cociña.
Este ano vai colaborar no taller a empresa local Vieira De Galicia. Esta empresa propúxolle as profesoras recoller receitas sinxelas e que tiveran coma ingrediente principal a vieira. As mestras a sua vez pediron a colaboración dos pais, nais e titores para que enviaran polos alumn@s as receitas que eles elaborasen con ese bivalvo, tan apreciado producto da nosa rica Ria de
Arousa.
No taller de cociña traballarase esencialmente con froitas e vanse elaborar batidos e tamén ensaladas de froitas.
Coma sempre os rapaces de seguro que o pasarán pipa e aprenderán moito con Antonio.
BO
PROVEITO

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.