Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de junio de 2012

MANUAL DO PERFECTO SIAREIRO



                                              MANUAL DO PERFECTO SIAREIRO

Estos son os mandamentos do bo siareiro do XUVEN para mañán sabado.

1º: Ergueraste co a única ilusión de apoiar o teu equipo en todo momento.

2º: Almorzarás, se che apetece, pensando no cinco inicial que sacará Yago Casal a pista.

3º: Cando saias da casa a cor amarela ten que ser visible na tua vestimenta.

4º: O tema de conversa cos amigos non pode ser outro que o partido da tarde.

5º: Comerás con ganas para estar forte a hora de animar a o XUVEN.

6º: Se podes irás a xuntanza de siareiro na Praza de Alfredo Brañas. (quedan excluidos os siareiros con obrigas familiares)

7º: Dende Alfredo Brañas ou calquer outro sitio partirás cara o Pombal coa maior cantidade de instrumentos para axordar as tropas vallesanas e levar en volandas ao exército do Xuven.

8º: Animarás sen descanso durante todo o encontro sen pensar en nada máis.
9º: No descanso do partido poderás ir tomar algo a os bares do Pombal e/ou fumar un pitilliño, que boa falta fará.
10º: Ao final do partido pase o que pase cantarás e animarás a o equipo. Se gañan a eliminatoria, por ser os campións e se non gañan polo esforzo que fixeron.

Todo isto resúmese en unha sola cousa...........



                         ANIMAR, ANIMAR E ANIMAR
                                        ALA XUVEN!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.