Os armadores das preto de 80 embarcacións da comarca da Arousa que traballan co arte do trasmallo tiveron unha xuntanza para unirse e loitar xuntos contra a prohibición de pescar chopo na Ría. Esta decisión
precipitouse á raíz da negativa da Consellería do Mar a dar marcha atrás
no vixente plan de explotación que lles prohibe traballar esta especie
xa desde este mes de xuño. Esta negativa da Xunta obrigounos a
constituírse como asociación para intentar facer ver que o seu traballo
ten futuro, e que diversificando as artes a Ría podería ter un mellor
rendemento para todos.
O
primeiro paso, tras decidiren asociarse, foi crear, en consenso, o seu
propio estatuto para a que se dará en chamar Asociación de Armadores de
Pesca Artesanal de Galicia.
Estes
armadores buscan así ser escoitados polo executivo autonómico xa que
non se senten representados polos patróns maiores das súas confrarías.
Pretenden así ser uns interlocutores válidos para adoptar calquera tipo
de medida que axude a mellorar a súa calidade de vida e a dos
traballadores, que arestora veñen de mandar ó paro ante o inminente
prohibición de pescar chopo co trasmallo.
O
primeiro paso que van a adoptar é intentar reunirse co Director Xeral
da Consellería do Medio Rural e do Mar, Juan Maneiro, para
intentar facerlle entender a súa posición e que lles faculte a traballar
durante este mes que ven de comezar. Senón, continuarán cas medidas de
presión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.