Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de junio de 2012

RESPOSTA DE BENITO GONZALEZ A AGAMAR





O patrón maior de Cambados, Benito González, negou a existencia de irregularidades na confraría de pescadores, que hoxe denunciou a Asociación Galega de Mariscadoras -Agamar-, e acusou á asociación de tratar de defender a Manuel Castro Trigo, que perdeu as últimas eleccións a patrón maior.


Agamar remitiu á Fiscalía unha gravación na que supostamente o patrón dialoga cuns socios, e na que poría de manifesto a existencia dunha presunta malversación de fondos públicos, segundo a presidenta, Natalia Laíño.
Natalia Laiño


Na conversación fálase do cobro ilegal de diñeiro para a vixilancia, que é sufragado pola Consellería do Mar, a favor de intereses privados, así como o mantemento de contas correntes para recibir donativos á marxe da contabilidade da confraría.
 
González, que é tamén presidente da Federación Galega de Confrarías, xa foi denunciado no Xulgado de Instrución Número Un por Manuel Costa Trigo, e por Agamar no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por presunta percepción irregular de máis de 78.000 euros ao exercer como presidente da federación, cargo que non é remunerado. "Xa estou cansado de escoitar a Agamar, non se cantas son nin a quen defenden, ao marisqueo non porque non as vexo en ningún sitio, o que si teño claro é que están a defender a Manuel Costa Trigo" expuxo González.



O patrón maior asegura que ten a conciencia moi tranquila e que "este señor pode presentar as gravacións que queira, vídeos ou o que sexa, pero vai ter que demostrar moitas cousas graves que dixo. Incluso acusa á miña familia que é tan honrada como a del, en Cambados coñecémonos todos", expuxo.

González asegurou ignorar se existen esas gravacións. "Eu falo con moita xente e descoñezo as súas intencións, pero estou moi tranquilo, a confraría é solvente grazas aos bos traballadores, eu non movo nin un euro, o xuíz porá a cada un no seu sitio", finalizou.


POIS SI, BENITO, COÑECEMONOS TODOS E TODAS........... 








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.